martes, 6 de maio de 2014

Kamishibai

Para achegarse á figura de Díaz Castro, podemos utilizar a técnica do "kamishibai". O C.E.I.P. "Milladoiro de Malpica, propón usar os carteis preparados polo Seminario Galán. Tédelos á vosa disposición na biblioteca.

venres, 2 de maio de 2014

A ver canto sabes

Se xa aprendiches moito sobre Díaz Castro, podes probar a facer este "pasapreguntas".

Proxecto Nimbos

Neste proxecto varios directores de cine reflectiron os poemas desta obra de Díaz Castro en imaxes. Aquí tedes unha breve selección dalgunhas curtas:



Ai capitán

Chorar, chorar, méntrelo barco rompe
contra o solpor, na noite!
A túa pipa non verán meus ollos
fomegar máis;
a túa risa, para sempre inmenso
abrente na mar.
Lume che din, cinza me queda. Cinza,
capitán!
Sola a sireia do teu barco
toda a eternidá.
Fume nos ollos, aréa fría
nas miñas maus.
I en boca que perdín, a longa pipa
fumando a miña vida, capitán.
Chorar, chorar,
como sempre choraron as mulleres,
ai capitán, con barcos ou sin eles!
Nimbos, Xosé María Díaz Castro.
Poema reproducido da edición bilingüe publicada en 1982 por Editora Nacional, con supervisión e tradución ao castelán do autor.

Actividades en liña do Seminario Galán

O Seminario Galán ocupase desde hai máis de dez anos de elaborar atractivas actividades en torno ao homenaxeado. O enlace á totalidade das actividades tédelo á dereita, pero se queredes traballar en liña, aquí tedes unha selección para cada ciclo:

Para Infantil, preme nesta imaxe:

Para Primeiro Ciclo, preme aquí:

Para o Segundo Ciclo, preme aquí:

 As do Terceiro Ciclo atoparalas premendo aquí:





O seu poemario en imaxes: Penélope

Nesta curta, o obradoiro de Artes Plásticas do I.E.S. "As Barxas" de Moaña, Pontevedra, achegámonos ao poema "Penélope":


"Penélope"
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!


DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961
Fonte: http://sondepoetas.blogspot.com.es/2007/10/penlope.html

Díaz Castro e a música

No I.E.S. "Díaz Castro" atrevéronse a presentalo cunha fermosa canción. Aquí podes escoitala interpretada por todo o seu alumnado:


Ah! A letra é esta:

"Esa lus"

Esa mirada era especial,
xa que nacera no rural
e da terra ó ceo todo tiña o seu misterio
o neno Pepe escribirá 

(est 1)
Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
son fragmentos de min mesmo 
o herdo, o mundo que me deron
se o poema é só un nimbo de lus

(est 2) 
Esa lus, esa lus
se o poema é só un nimbo de lus
coma ventos fuxidos
por camiños esquencidos
se o poema é só un nimbo de lus

Más de once linguas que falou
pero unha soa que cantou,
á herba pequerrechiña e dende Parga á Pastoriza
Xose María escribirá

(est 1) 
(est 2)

Un paso adiante, un paso atrás
Galiza sempre nel está
ardendo nunha bágoa ou ferido pola beleza
Díaz Castro escribirá

Hai que ver canto e que ben traballan neste instituto!
Usa esta base musical para interpretala como karaoke:


Ou con este video:

Queremos coñecelo

Xosé María Díaz Castro naceu na aldea de San Vicenzo dos Vilares, concello de Guitiriz, na provincia de Lugo, o 19 de febreiro de 1914. 
Facemos un repaso rápido pola súa vida e obra? Podemos buscar nesta páxina:
O C.P.I. de Dices-Rois anunciou a nova no seu Telexornal:



E, se o preferides, podedes ver unha curta de animación na que o propio Díaz Castro fala de si, elaborado polo C.E.I.P. "García Barbón", de Vigo:




E agora que xa sabes tanto, podes probar co seu brincaletras: